miércoles, 2 de diciembre de 2015

Carta á cidadanía galega polas eleccións xerais do 20 de Decembro de 2015



Querida xente:
Estamos nun intre idóneo para tirarles de vez o seu Réximen antidemocrático de falso espíritu, de modales hipócritas e mentiras legalizadas e de ademáns militaristas que dende o 1975 asentárase na nosa sociedade con a mesma impunidade que agora -despois de esgotarselles un ciclo- queren perpetualo, unha vez renovada a toda presa a Corona , tocandolle agora o noso ciclo político, buscando recambio de todo tipo a toda presa para sustituir as élites gobernantes.
Fiel o noso espíritu rebelde , nós; sempre pacíficos e amigos da concordia, preferimos acostumbrarnos a estas precarias situación sin querer enteranos das cousas, con tal de vivir en paz e salvaguardar as nosas famillas co pouco que nos deran dende o poder.
Situacións , por outra parte anormais ante calquer país democrático que se precie ( que mesmo xeneróu unha sociedade atrasada amigos do “asi te ven, así te tratan”, que incorporara os valores e principios da dictadura creando unha sociedade egoísta, insolidaria , torpe , hipócrita, medosa e analfabeta na mesmísima e avanzada e culta Europa ) ,
Mais dun dia para outro fumos testemuñas da rebeldía dun fato de mozos universitarios, moi ben preparados, fillos do 15M, que con ilusión, e decisión decidiron toma-la iniciativa e darle a unm povo atormentado e resignado unha esperanza a través dese esforzó xenerado pola toma das plazas dende o 15M, que recuncarían cara un desenrolo posterior a través de centos de plataformas reinvindicativas e sobretodo de PODEMOS.
Eu, miña xente; ainda que tras miña xubilación tivera que colgar as miñas armas da rebeldía que sempre mantivera no meu posto de traballo de Correos como representante dos meus caros compañeiros; e polo vivido nestes 35 anos de guerra continua que me fixeran vivir en primeira persoa traicións, amenazas,calumnias, agresións de todo tipo, represión, etc. , caéndome as hostias dentro e fora da miña barricada, non podo permanecer impasible e ficar o marxe desta heroica xesta duns poucos que xá entró una historia de España.
Por todo elo, pídovos vos comprometades conmigo nun xesto solidario con este movimiento xoven convertíndote ti tamén en a carteir@ do cambio seguindo esta cadea que che ofrezo, e enviando 10 mensaxes ( mediante carta ou como gostes mandala) a xente que de verdade che importen.
Xa sei – non vos creades- que igual esta carta non valdrá para moito ante o enorme poder de convicción que tén esta sociedade acomodada no falso; , tal e como reza o noso sufrido espíritu derrotista inoculado ano tras ano polo poder; mais somos moitos os que queremos outra clase de vida, mais auténtica, onde os valores do ser humán vaian prioritariamente por diante de todo o demáis ; temos nas vosas e nas nosas máns os motivos para aportar a loita xeral que se tén que dar, o noso pequeño gran de area., e asi darnos esa oportunidade para darles os nosos fillos ese futuro que nós nunca tivemos.
Deixemos pois de sentirnos ninguén, e fagamos ese esforzó mínimo cada ún de nós para vencer o noso derrotismo para sentirnos parte dun proxecto, xa que somos parte intrínseca da cidadanía e todos temos dereito dende conquerir o que é noso, como a aportar novas esperanzas a unha comunidade que pide ser outra cousa, e que xuntos podernos interiorizar que sí se pode.

Manolo Camba Gayoso

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.