martes, 14 de abril de 2015

              VIVA A REPÚBLICA!!!!!

Neste 14 de Abril; como soberanista galego declaro unha vez mais,  miña solidariedade con todolos povos; especialmente con os mais pertos, cos que compartimos a Peninsula Iberica. 

Saudo a PODEMOS como xenuíno resultado da loita incesante a prol da unidade popular saida do 15M. 

Saudo as MAREAS e a todalas enormes frontes sociais emerxentes , disposta a imprimir novo pulo con ilusión e forza.

E  condeno con pena aqueles partidos, grupos, nazonalistas ou de esquerdas etc. que desprezan a solidariedade con as diferenrtes unidades populares que están agromando por todalas partes do Estado, chegando a adoptar e apoiar a campaña orquestada polos mafiosos grupos e partidos do reximen fascista de ningunear , sabotear, calumniar e criminalizar tanto a PODEMOS como outros grupos que lles obstaculizarán -disque- o acceso a cotas do poder ( sobretodo na Galiza) perdidas para sempre pola sua intransixencia.

Nadie é perfecto; PODEMOS tampouco o é. Mais arestora cómpre ir cara a máis completa unidade para fortalecer unha enorme e contundente fronte común contra aquelas fontes onde bebe o fascismo español ( as mafias, as grandes empresas, os medios, etc, etc.). 

A bós entendedores sobran máis verbas.

VIVA A REPUBLICA!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.